Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Ordes informa da realización dun curso de lingua galega para a obtención do Celga 4


Os/as interesados/as poderán matricularse para asistir ás clases ata o día 8 de setembro

O Concello de Ordes informa da realización dun curso de lingua galega para a obtención do certificado Celga 4. O prazo límite para presentar a solicitude finalizará o 8 de setembro.

O curso terá lugar no IES nº1 de Ordes, desde o 19 de outubro ata o 9 de decembro de 2015, de luns a venres, de 20:00 a 22:00 horas.

No caso de precisar calquera aclaración os/as interesados/as poderán realizar as súas consultas no mesmo Concello de Ordes ou no Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, situado nos baixos da Alameda, chamando ao teléfono 981 680 002 ou ben a través das páxinas web http://www.ordes.gal/ ou http://www.mancomunidadeordes.org/servicios/servizo-de-normalizacion-linguistica-1009.html.